RCD / NOVAS

Alevín A e Benxamín A compiten este domingo 19 no Torneo Solidario Fundación Aladina, en Rianxo

15/05/2019 17:04

Dous equipos do RC Deportivo, Alevín A e Benxamín A, participan este domingo 19 de maio no Torneo de Fútbol Base Fundación Aladina Trofeo Conservas Jealsa, que se xoga no campo de Vilas (Rianxo).

O Alevín A quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, coa SD Ponferradina, CCD Taragoña e CD Unión.

O calendario de partidos do equipo deportivista, todos eles no campo Ferdoba, é o seguinte:

Primeira Fase
10:25: ALEVÍN A - CD UNIÓN
12:20: ALEVÍN A - SD PONFERRADINA
13:52: ALEVÍN A - CCD TARAGOÑA

Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que arrancan ás 16:10.

Pola súa banda, o Benxamín A terá como primeiros rivais ao ED Val Miñor, ED Xuventude de Oroso e Ural CF.

O calendario de partidos do Benxamín A, todos eles no campo Pavimentos Noia, é o seguinte:

Primeira Fase
10:25: BENXAMÍN A - ED VAL MIÑOR
11:57: BENXAMÍN A - URAL CF
13:29: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO

O campión de grupo e os dous mellores segundos dos 6 grupos acceden a cuartos de final, que comezan ás 17:42 horas.

O Dépor estará presente no 8º Torneo Infantil do Laracha CF

Un equipo infantil do Dépor participa este venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, na 8ª edición do Trofeo do Laracha CF, no Municipal de Laracha.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo C, co CD Obrero, Visantoña CF e Imperátor OAR B.

O calendario de partidos do Dépor é o seguinte:

Primeira Fase
10:30: DEPORTIVO - CD OBRERO (campo 1)
12:30: DEPORTIVO - VISANTOÑA CF (campo 1)
14:30: DEPORTIVO - IMPERÁTOR OAR B (campo 1)

Os dous primeiros de grupo acceden a cuartos de final, que arrancarán ás 16:00 horas.