RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

18.162 Deportivistas xa teñen o seu carné do Dépor 21-22

Hoxe superouse a cifra de 18.000 carnés despachados do Dépor 21-22. Son exactamente 18.162 Deportivistas os que teñen consigo o abono desta temporada, así como 119 Mascotas branquiazuis.

Dada a gran demanda de xestións a realizar na Oficina de Atención ao Deportivista (OAD), ata este próximo venres calquera trámite que se queira realizar na OAD hai que facelo con Cita Previa obrigatoria en citaprevia.rcdeportivo.es 

O horario de apertura da OAD continúa sendo de luns a venres de 10:00 a 13:30 h. e de 16:30 a 19:00 h. e a partir do vindeiro luns xa non será necesario pedir Cita Previa.

Lembrar tamén que hai unha serie de xestións que se poden realizar comodamente desde calquera lugar a través de dispositivos móbiles e a calquera hora do día pulsando nas seguintes ligazóns:

Renovación abonos 

Alta Nen@ Dépor

Alta Soci@ Amig@

Alta Mascota Deportivista