RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Álex e Lux pasan páxina e céntranse xa no partido do Levante

Dous dos protagonistas que se pasaron pola zona mixta do Estadio Vicente Calderón, Álex Bergantiñvos e Poroto Lux, optan por esquecer xa a derrota ante a Atlético e centrarse no partido do Levante do próximo sábad

Álex Bergantiños recoñeceu do choque desta noite que "o primeiro gol fíxonos bastante dano porque estabamos a conter ben ao Atlético. Non nos fixo practicamente perigo. Si que tiña posesión pero non tiña ningunha opción".

Di un dos capitáns deportivistas que "sabemos que estamos nunha serie negativa. Creo que levamos uns números frouxos para o equipo que somos. Cultivamos moitos empates sobre todo en casa en partidos que merecemos máis".

Cre Álex que agora chegan "partidos importantísimos para nós como Levante e As Palmas en casa; e fóra o derbi co Celta".

Finalmente, Poroto Lux, tamén en zona mixta, opina que a mala serie se corta "traballando día a día como estamos a facer. Merecemos gañar outros partidos e non o fixemos. Hai que seguir nesta liña que temos en Riazor, que competimos e que somos superiores aos rivais; e que se reflicta esa superioridade co tres puntos".

O internacional arxentino subliña que "o equipo quere gañar. Como se di habitualmente no mundo do fútbol, xogando mal xa queremos gañar".

Para Lux, "non hai que pensar máis no Atlético. Hai que ver os erros, cando nos equivocamos, e tratar de mellorar e pensar no Levante".