RCD / NOVAS

Amigable do Fabril co Imperator

Este sábado, ás doce da mañá, o Fabril disputará un partido amigable na Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol" ante o conxunto coruñés do Imperator. Este fin de semana non hai competición de Liga en Terceira División por un compromiso da Selección Galega de xogadores afeccionados.

05/12/2003 12:53

Pola súa banda, na División de Honra xuvenil, o Deportivo xogará o vindeiro luns ao catro da tarde no Campo Suarez Porta de Avilés ante o cadro local.
Tamén xogará un amigable o equipo infantil do Deportivo que milita na liga Galega. O seu rival será o Areosa e o partido será o vindeiro luns, ao once da mañá na Cidade Deportiva de Abegondo.
Si haberá competición na liga Local infantil. O Sporting María Pita será o cadro a bater polo Deportivo B infantil. O partido disputarase mañá no campo de Meicende ás doce da mañá. Leste mesmo equipo, o Deportivo B infantil, xogará un amigable o luns ao once da mañá, na Cidade Deportiva de Abegondo "O Mundo do Fútbol" co Areosa B como rival. O calendario do Dépor B infantil complétase con outro encontro de competición oficial o martes 9 de decembro, ás 19.30 horas no Campo de Meicende ante o Calasanz B.
Por outra banda, o equipo alevín do Deportivo participará no terceiro Trofeo de Fútbol Sete O Corte Inglés. Os partidos celebraranse nos campos da Cidade Deportiva da Torre. O calendario do equipo deportivista é o seguinte:
Domingo 7 de decembro
Campo número 4, 10.00 horas: Deportivo-Santa María del Mar
Campo número 1, 12.00 horas: Deportivo-Vioño
Campo número 1, 17.00 horas: Deportivo-Lóstrego de Elviña

Os cuartos de final disputaranse pola tarde, e as semifinais e as finais, o luns 8 pola mañá.