RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
FABRIL

0 - 6 con hat-trick de Taborda, no partido de adestramento ante o Val do Dubra

Taborda mostra a súa melloría marcando tres do seis goles que o Deportivo anotou esta noite ante o combinado do Dubra.

De inicio xogaron Munúa, Manuel Pablo, Rodri, Juanma, Rubén Méndez, Iago, Verdú, Filipe, Estoyanoff, Adrián e Taborda.
No minuto 40 faise o primeiro cambio no Dépor, saíndo Estoyanoff cunha leve escordadura de nocello, ao que substitúe Efrén.
O primeiro tanto chegaría no minuto 41 grazas a un tiro de falta directa de Iago e o tres goles seguintes nos minutos 52, 54 e 57 anotaríaos o recuperado Taborda. No minuto 56 hai outro cambio no Dépor saíndo ao terreo de xogo Álex no sitio de Filipe. No minuto 65 marcaría Rodri o quinto gol para rematar o encontro no 76 Efrén de penalti estreándose así, como goleador no primeiro equipo.