RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Amigables mañá mércores para Xuvenil B e San Tirso SD Infantil

O Xuvenil B e o San Tirso SD Infantil teñen cita amigable mañá mércores 22 de marzo en Abegondo.

O conxunto de Liga Nacional que prepara Miguel Figueira mídese á selección galega sub-16 a partir das 19:30.

Os deportivistas Rubén, Samuel, Anxo, Pablo García, Nico Ruiz e Lucas formarán con Galicia. A eles hai que sumar a Iker Fernández do San Tirso SD Cadete.

O Xuvenil B derrotou (3-0) ao CD Choco o pasado domingo e mantense na loita polo título da Liga Nacional co RC Celta: 58 puntos teñen agora os celestes por 54 os branquiazuis.

Pola súa banda, o San Tirso SD Infantil terá como rival á selección galega sub-12 a partir das 19:00 horas.

Thiago Montes, Iker Obeso e Antón Vilariño, do Alevín A branquiazul, están citados con Galicia.

O San Tirso SD Infantil impúxose a pasada fin de semana na Coruña ao Ural Español CF (0-2) no seu segundo triunfo consecutivo en liga.

O equipo dirixido por Borja Souto suma 23 puntos, situado na 11ª posición da División de Honra.