RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

#ANOSACANTEIRA avanza en Boiro, Ribadumia e Torrelavega

O Alevín A e o Fabril FC Benxamín abriron onte venres en Ribadumia e Torrelavega (Cantabria) unha fin de semana de torneos amigables para #ANOSACANTEIRA.

Hoxe sábado entraron en xogo tamén o Fabril FC Alevín e o Benxamín A no Torneo Jealsa Concello de Boiro.

FC Barcelona, Manchester City FC, Valencia CF e Pabellón Ourense CF, primeiros rivais do Alevín A en Ribadumia

O Alevín A quedou encadrado no grupo C na Primeira Fase da XXV edición da Arousa Fútbol 7 que se disputa este ano no complexo deportivo da Senra en Ribadumia.

Hoxe o conxunto branquiazul disputou dous partidos, saldados cun triunfo e un empate; e mañá domingo mídese ao SL Benfica na Fase de Consolación.

O calendario do equipo deportivista, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 27 de maio
PABELLÓN OURENSE CF 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 0 - FC BARCELONA 3

Sábado 28 de maio
ALEVÍN A 1 (José Quiroga) - MANCHESTER CITY FC 1
VALENCIA CF 1 - ALEVÍN A 2 (Nico e Antón)

Domingo 29 de maio
Fase de Consolación
12:00: ALEVÍN A - SL BENFICA

Triunfos deportivistas na primeira xornada do Torneo benéfico Jealsa Concello de Boiro

Dous equipos, Fabril FC Alevín e Benxamín A, representan ao Club no Trofeo Internacional Jealsa Concello de Boiro que se xoga no campo de Barraña.

O torneo ten carácter benéfico en favor da Fundación Aladina.

O Fabril FC Alevín (na foto principal xunto aos seus rivais e anfitrións do EFM Boiro C) quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, co CD Mosconia, EFM Boiro C e CD Unión. Os fabrilistas gañaron os seus dous primeiros partidos e finalizan mañá esta primeira parte da competición ante o CD Mosconia.

O calendario do equipo fabrilista, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 28 de maio
FABRIL FC ALEVÍN 6 (Iker Obeso -2-, Adrián -2-, Nico Torres e Mario González) - CD UNIÓN 0
FABRIL FC ALEVÍN 8 (Iker Obeso -3-, Sergio Infante -2-, Leo Sánchez, Javi Barral e Thiago Montes) - EFM BOIRO C 1

Domingo 29 de maio
12:50: FABRIL FC ALEVÍN - CD MOSCONIA

Os dous primeiros de grupo accederán a oitavos de final, que comezan ás 15:23.

Pola súa banda, o Benxamín A ten como rivais no grupo A a ED Xuventude de Oroso, Puebla FC, CCD Taragoña e Gondomar CF. Despois de dous triunfos hoxe, os deportivistas mídense mañá ao Gondomar CF no último partido da Primeira Fase.

O calendario, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Sábado 28 de maio
BENXAMÍN A 6 (Nacho Villanueva -2-, David Gómez -2-, Andrés e Hugo Pousa) - PUEBLA FC 0
BENXAMÍN A 2 (Nacho Villanueva e Jorge Fernández) - ED XUVENTUDE DE OROSO 0
BENXAMÍN A 10 (Álvaro Gómez -4-, Yago -2-, Hugo Pousa, David Gómez, Martín López e Hugo Luaces) - CCD TARAGOÑA 0

Domingo 29 de maio
12:48: BENXAMÍN A - GONDOMAR CF

Os dous primeiros de grupo accederán a oitavos de final, que arrancan ás 15:23.

O Fabril FC Benxamín clasifícase para oitavos de final en Torrelavega

O Fabril FC Benxamín participa desde onte venres no Torneo San Bernabé, na localidade cántabra de Torrelavega.

O conxunto fabrilista impúxose na primeira fase á SD Solares, Santutxu FC e Betis CF Valladolid; e, por conseguinte, clasificouse para oitavos de final, que se xogan mañá domingo 29 de maio en Tanos (13:20). O rival será o UD Sur.

O calendario do Fabril FC Benxamín, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Venres 27 de maio
FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Mateo Carballeira -2-, Thiago López e Javi Meiriño) - SD SOLARES 1

Sábado 28 de maio
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Miguel Candal -2-) - SANTUTXU FC 0
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Thiago López -2- e Miguel Candal) - BETIS CF VALLADOLID 1

Domingo 29 de maio
Oitavos de final
13:20: FABRIL FC BENXAMÍN - UD SUR, en Tanos