RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aouate: Non teño envexa polo Racing. Vin a un gran club

Dudu Aouate, futbolista do Deportivo con pasado racinguista, comentó esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol que, a pesar de vir ao Dépor fai dous añvos e estar agora por baixo na clasificación do Real Ra

É máis, o internacional israelí ve o seu futuro na Coruña. "Claro que penso en quedarme. Teño dous anos máis de contrato e gustaríame mesmo xogar algún máis".

Aouate confesou non sentir envexa polo seu ex club, xusto ao revés: "Estou moi contento por eles". Iso si, non ve a meta deportivista que o persoal coruñés sexa inferior á cántabra. "Nós tamén temos un gran equipo. Para min houbo unha serie de partidos que na primeira volta puidemos gañar e que nos puxeron moito máis arriba. Por exemplo o mesmo do Racing na Coruña, ou o Espanyol".

En canto á súa achega ao equipo, Aouate prefire esperar a final de tempada para facer balance. "Claro que cometín erros, como calquera futbolista. Pero eu estou supercontento coa miña achega ao grupo", concluíu.

Mañá venres, o persoal terá adestramento de recuperación no Mundo do Fútbol, a partir das 10.30 horas. Na sesión de hoxe xa fixeron parte do adestramento Xisco e Wilhelmsson. Bodipo, Laure e Gardado seguiron traballando á marxe do grupo.