RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Aprazados por COVID os partidos do Fabril desta tarde ante o SD Sofán e do martes ante o CD Choco

Os partidos do Fabril ante a SD Sofán, correspondente á 25ª xornada previsto para hoxe domingo, e ante o CD Choco da 22ª xornada do próximo martes 1 de marzo no campo de Santa Mariña en Redondela, foron aprazados por COVID no vestiario fabrilista.

Agora será a Xuíza de Competición a que fixe unha nova data para a disputa dos mesmos "o máis próxima posible no tempo axiña que como se acrediten todas as circunstancias para a disputa do mesmo".

O conxunto que dirixe Óscar Gilsanz é sétimo na táboa con 31 puntos.

A próxima cita do Fabril, aínda pendente de confirmar, será en Abegondo ante o SD Juvenil de Ponteareas o domingo 6 de marzo.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés 1 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
CD Choco - Fabril, aprazado
Fabril 0 - Ourense CF 1
SD Sofán - Fabril, aprazado