Arizmendi advirte que a eliminatoria de Copa do Rei ante o Valladolid
Javier Arizmendi, pichichi do Deportivo con cinco dianas na liga, advertiu esta mañá en rolda de prensa que a eliminatoria de cuartos de final está "encarrilada, pero en ningún caso resolta". Pediu "concentración" para superar ao Valladolid e meterse nas semifinais do torneo copeiro.
canaldeportivo, A Coruña26/02/2007 20:42
-O refacho da liga mantense. -Si. Agora estamos a seis puntos da UEFA e porqué non ser máis ambiciosos?
-E ademais, Arizmendi de goleador. -Moi satisfeito por iso, pero sobre todo porque o equipo sacou o tres puntos.
-Quéixanse en San Sebastián que o gol foi ilegal. -Pois que vaia por outros que nos debían conceder os árbitros e non o fixeron. De todos os xeitos eu creo que a man de Taborda foi involuntaria, o que pasa é que cada un ve a xogada segundo os seus intereses, lóxico.
-O equipo botouse moi atrás ao porse por diante no marcador. -Se cadra pecamos diso. Damos un paso atrás. Pero a outra versión é que foi a Real Sociedade, que está nunha situación desesperada, a que nos obrigou a iso.
-O míster, na rolda de prensa, daba as grazas á Virxe da Consolación de Utrera. -No primeiro tempo eles tiveron ocasións, pero creo que na segunda metade xa non.
-Levas cinco goles, algunha meta realizadora este ano. -Non. Non me marco ningún número. O importante é que o equipo saque os partidos adiante.
-Caparrós definiu ao partido de Valladolid como unha partido 'trampa'. -Está claro que a eliminatoria está encarrilada pero en ningún caso resolta. Un gol seu nos primeiros minutos daríalles moral e confianza para tentar a remontada. Por iso temos que xogar moi concentrados.
-Que che parece o Valladolid? -Pois está a facer unha gran tempada. É un equipo dificilísimo. Creo ademais que nós fomos os únicos que lles gañamos en moito tempo. Ten todas as papeletas para volver a Primeira. É un equipo trabajadísimo.
-Sería un fracaso quedar fóra? -Si sería un pau, porque temos postas moitas expectativas nesta competición.
-Tes catro cartóns amarelos, a unha pois da suspensión. A aguantar antes do Atlético de Madrid? -A aguantar ata o final de Liga.
-Parece claro que a UEFA está no horizonte, ben en Liga ou ben na Copa do Rei. -Eu prefiro ser cauto. Se hai pouco estamos aí no descenso agora non se pode falar de UEFA. Temos que ter un pouco de equilibrio e ir partido a partido.
-Crees que o equipo se defendeu ben en San Sebastián? -Foder muchisimo. Nesa faceta fixemos un partido buenisimo. Moi concentrados e atentos todo o partido.
-É este o teu mellor ano? -Si, sen dúbida. Levo tres tempadas na elite e é o mellor. Espero que non sexa o último e que poida ir crecendo.
var ivPlayer620437 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf");
ivPlayer620437.playVideo('player620437', 'rp_arizmendi_abegondo_10-10-2013.flv', false);
Javier Arizmendi se pasó esta mañana pola sala de prensa do Mundo do Fútbol. O atacante deportivista confesó estar recuperado das molestias que lle impediron xogar o pasado sábado ante o Mirandés en Riazor: "Estou preparado para o que o míster decida".
Javier Arizmendi se ejercitó esta mañana con normalidade, unha vez superadas as súas molestias nos isquiotibiais. Seguen á marxe Luisinho e Cañi, que traballaron ás órdenes do readaptador Pablo Lópeixe.
Hoxe se quedó no ximnasio Marchena, con molestias no cuádriceps dereito, pendente de evolución nos próximos días.
var ivPlayer1705881 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf");
ivPlayer1705881.playVideo('player1705881', 'rp_arizmendi_abegondo_19-09-2013.flv', false);
Javier Arizmendi, que hoxe se entrenó formando parella de ataque con Borja, aseguró que o equipo "non ten ansiedade por gañar en Riazor e sí ganas de dar unha alegríá a xente que tanto nos apoia".