RCD / NOVAS

As Nosas descansan mañá xoves

14/09/2022 18:56

Finalizado o choque de Copa de la Reina ante o CD Parquesol, o cadro do Dépor ABANCA terá mañá xoves xornada de descanso.

O equipo deportivista está citado de novo o venres 16 ás 08:30 en Abegondo para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Real Oviedo prevista para o domingo 18 de setembro ás 17:00 nas instalacións ovetenses de HFE TENSI, correspondente á 2ª xornada en Primeira Federación FutFem.