RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Granero non continuará no RC Deportivo

Borja Granero Niñerola (Valencia, 30 de xuño de 1990) non continuará pertencendo ao RC Deportivo, após dúas temporadas e media, 44 partidos e 3 goles coa camiseta do Dépor.

Desde agora, Borja poderá escoller libremente o seu próximo proxecto profesional, para o que o Deportivo, igual que a nivel persoal, deséxalle a maior das sortes, agradecéndolle sinceramente o seu traballo e implicación no equipo e co Club durante estes anos na Coruña.