RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Brillante clasificación do Dépor para as semifinais de Copa del Rey en Vilarreal (3-4)

O Xuvenil A asinou unha das páxinas máis brillantes de #ANOSACANTEIRA ao derrotar ao Villarreal CF (3-4) nos cuartos de final da Copa do Rei após un espectacular partido, con continuas alternativas no xogo e no marcador, resolto na prórroga a favor dos pupilos de Manuel Pablo.

O encontro xogouse no Mini Estadi da Ciudad Deportiva José Manuel Llaneza a partido único, posto que a bóla do conxunto castellonenco foi extraída en primeiro lugar no sorteo realizado o pasado 26 de xaneiro na sede da RFEF en Las Rozas (Madrid).

Os castellonencos chegaban ao encontro após apear na primeira eliminatoria ao RCD Espanyol (3-0) e en oitavos de final ao CD Tenerife (1-2).

Pola súa banda, o conxunto de Manuel Pablo superou ao RC Celta (2-1) e ao Atlético de Madrid (3-2), ambos os casos en Abegondo.

O partido en Vilarreal torceuse aos 4 minutos, cun gol de Linares nunha contra do cadro amarelo.

O conxunto branquiazul puido contar con Diego Gómez e Martín Ochoa, dous futbolistas en dinámica do Fabril titulares esta tarde, e aos poucos foi crecendo no seu xogo. Á media hora, Seydiba empatou o encontro despois de recoller o despexe do meta local a un espectacular remate de Mardones.

O Xuvenil A fíxose co mando do partido. Martín Ochoa perdoou un man a man e, acto seguido, Hugo Villaverde puña en vantaxe aos deportivistas ao pouco para o descanso.

Tralo paso polos vestiarios, o Villarreal CF, representante dunha das mellores canteiras de España, lograba darlle a volta ao encontro con dous goles no minuto 52 de Requena e no 66 de Unax del Cura.

Pero o Xuvenil A non se rendeu. Campión de España hai dúas temporadas, sabe crecerse ante a adversidade e Hugo Baldomar igualou de novo no minuto 74, resultado co que se chegou á prórroga.

No tempo extra, Kevin, outro dos internacionais de Abegondo, marcou o tanto definitivo que metía ao Xuvenil A por segunda vez na historia nas semifinais, que serán neste caso en formato Final Four no mes de marzo.

A anterior semifinal de Copa foi na campaña 2010-11, despois de apear á Real Sociedad en oitavos e ao Real Madrid en cuartos. Naquela ocasión, o Xuvenil A foi eliminado polo FC Barcelona.

Era a 8ª vez que o cadro branquiazul alcanzaba os cuartos de final, xa que anteriormente disputounos nas temporadas 1963-64, 1971-72, 1973-74, 2006-07, 2008-09, 2009-10 e a mencionada 2010-11.

Xuvenil A: Lemos, Quique Teijo, Manu Berrocal, Vilela, Seydiba, Rubén, Mardones, Hugo Baldomar, Martín Ochoa, Diego Gómez e Hugo. Tamén xogaron: Noah, Kevin, Carreira, Álex Delgado, Manu Ferreiro e Garaboa.

Os resultados do Xuvenil A na presente edición de Copa foron os seguintes:

Primeira eliminatoria
Xuvenil A 2 (Kevin e Hugo Baldomar) - RC Celta 1

Oitavos de final
Xuvenil A 3 (Mardones, Martín Ochoa e Diego Gómez) - Atlético de Madrid 2

Cuartos de final
Villarreal CF 3 - Xuvenil A 4 (Seydiba, Hugo Villaverde, Hugo Baldomar e Kevin)