Caparrós: Entra dentro do probable que fagamos un bo partido e gañar no Bernabéu
Ver rolda de prensa desta mañanaJoaquín Caparrós compareceu, como é habitual, na sala de prensa do Mundo do Fútbol ao finalizar o adestramento desta mañá. O técnico utrerano confirmou que a reunión co Presidente, Augusto César Lendoiro, está aínda sen data. Indicou que "entra no posible facer un bo partido no Bernabéu e gañar o partido". Iso si, admite que "agora hai unha gran comuñón entre o Real Madrid e a súa afección". Para o adestrador branquiazul, o Dépor ten que "saber manexar a posible ansiedade deles porque teñen que saír a gañar".
canaldeportivo, A Coruña22/05/2007 16:48
A Caparrós non lle molesta ser o xuíz da liga: "O calendario está feito así e hai que aceptalo" e sostén que o Real Madrid é o favorito, "porque agora mesmo é o único que depende de si mesmo".
Ver a despedida do corpo técnico Joaquín Caparrós, acompañado polo Director Deportivo do Club, Richard Moar, e por Luciano Martín Toscano "Luci", e Javi Reyes, os seus dous directos colaboradores, ofreceu esta mañá unha rolda de prensa na sala de prensa do Estadio de Riazor.
Ás doce do mediodía de mañá xoves, o técnico Joaquín Caparrós, acompañado do seu segundo adestrador Luciano Martín, o preparador físico Javier Reyes así como o Director Deportivo do Club, Richard Moar, dará unha rolda de prensa no Estadio de Riazor.
Ver rolda de prensa de Caparrós Segunda reunión entre o técnico, Joaquín Caparrós, e o Presidente da entidade, Augusto César Lendoiro. Esta vez, o lugar elixido por ambos foi a sede do Club na Praza de Pontevedra. Tras pouco máis de 35 minutos reunidos, Caparrós, nunha rolda de prensa improvisada ante numerosos medios de comunicación, manifestou que fora "moi cordial" e que ambas as partes quedaron emprazadas para unha nova toma de contacto a principios da próxima semana, "unha vez que finalice a competición ligueira".