César aventura un partido bonito e con espectáculo
O Deportivo adestrouse esta mañá en 'O Mundo do Fútbol' nunha
sesión máis suave para os que onte xogaron de titulares ante o Xetafe. Ao termo
da sesión, César compareceu na sala de prensa de Abegondo e atreveuse
a aventurar que o choque do martes será "un partido difícil, pero moi
bonito e con espectáculo".
O central deportivista define ao Liverpool como un equipo "histórico
que está moi ben fisicamente. Ata o final seguro que nos vai a apertar. Ten
un gran potencial, con xogadores españois e un adestrador tamén español que
nos coñecen moi ben".
canaldeportivo, A Coruña17/10/2004 16:45
Iso si, César Martín cre que o Deportivo sairá "a conseguir o
tres puntos que necesitamos para achegarnos á clasificación. Só pensamos en gañar".
Respecto ao público de Anfield, que sempre anima moitísimo aos seus,
o asturiano dixo que será un factor "que nos vai a meter máis no partido e
concienciar do moito que nos estamos xogando".
César Martín, un dos clásicos do Deportivo, é o protagonista de hoxe
en Dépor Sport, o xornal oficial do club. Como sente despois de tanto tempo sen xogar? Este ano só xoguei contra o Numancia. Agora estou ben fisicamente,
adestro con normalidade e espero dispor de minutos para xogar e gozar
no campo. Mentres non sexa así, hai que traballar para tentar que a
situación mellore.
O cartón amarelo coa que no partido de onte fué sancionado César carrexaralle unha sanción por acumulación de cartóns dun partido, polo que non poderá disputar o encontro do próximo domingo ante o Sevilla.
César Martín provocou o pasado fin de semana o penalti que ao cabo
daría o tres puntos ao Deportivo. Hoxe, o central asturiano compareceu
na sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol':