RCD / NOVAS

CONCLÚEN AS OBRAS DE CAMBIO DO SISTEMA DE REGA E CÉSPEDE DO ESTADIO DE RIAZOR

Coa instalación das novas porterías removibles de Riazor e o primeiro pintado do terreo de xogo, onte pola tarde concluíron as obras de cambio do sistema de rega e césped do Estadio de Riazor. Os traballos, acometidos polo Real Club Deportivo e cun custo total de 218.984,42 euros, foron executados por Canarga (rebo), Calfensa Proxectos e Royalverd (nova instalación), empresa esta última que se encargará do mantemento da nova superficie do estadio deportivista.  

29/10/2016 11:37

 
As obras comezaron o pasado día 3 e permitiron descender a cota do terreo 30 centímetros con respecto á superficie anterior. Baixo os 7.600 metros cadrados de novo céspede instaláronse 500 metros de novas tubaxes para a rega, dobrando o número total de aspersores distribuídos por todo o campo, pasándose de 19 a 35. Con estas melloras, o céspede de Riazor adáptase completamente ás esixencias de LaLiga no seu regulamento de retransmisión televisiva e, sobre todo, renóvase un elemento crave que durante o último cuarto de século fora testemuña muda de grandes partidos e algunhas decepcións e que xa chegara ao límite da súa vida útil. Outra das novidades son as portarías removibles que se estrean no adestramento desta mañá e que tras os partidos poden retirarse para un mellor mantemento do céspede en toda a contorna e interior da nova portaría.