RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
ACTUALIDADE

13 institucións presentes na bancada solidaria do Dépor-Espanyol

Trece institucións sociais gozaron da bancada solidaria do Estadio ABANCA-RIAZOR no Deportivo-Espanyol da 25ª xornada de LaLiga.

Contra o conxunto da Cidade Condal as entidades beneficiarias foron: Asociación Ambar, Centro de Menores San José Calasanz, Aclad, Terra Solidaria, Fundación Érguete, Accem, Asociación de Personas Sordas de A Coruña, Padre Rubinos, Aspronaga, Colectivo Moucho, Remar Galicia, Cáritas Diocesana Santiago de Compostela y Aspace.

A Bancada Solidaria de ABANCA-RIAZOR dispón de 250 localidades que cada partido son destinadas a ONGs, institucións ou entidades benéficas que traballan pola integración social, educación, infancia, saúde e solidariedade na nosa comunidade. Como neste caso, atendendo á política de transparencia e RSC do Deportivo, sempre se publican as entidades que fan uso da bancada solidaria. Hai que lembrar que, para solicitala, o protocolo está dispoñible no departamento de RSC do Club en: responsabilidadsocial@rcdeportivo.es ou no 981 259 500 (Extensión 1: Oficina de Atención ao Deportivista).