RCD / NOVAS

Cris Oreiro, operada con éxito do seu xeonllo esquerdo

26/04/2018 20:14

A xogadora do Deportivo ABANCA Cris Oreiro foi operada con éxito no Hospital Quirón Santa Teresa da Coruña da súa rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.

A lesión de Oreiro sucedeu o pasado domingo 15 de abril no transcurso do encontro ante o Victoria CF en Ponte dos Brozos (Arteixo), que se saldou con triunfo deportivista (6-0).

O RC Deportivo quere transmitir a Cris Oreiro o seu desexo dunha rápida e pronta recuperación.