RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

175 equipos inscritos para o XVI Torneo RC Deportivo a 5 días para o peche de inscricións

O vindeiro luns 22 de abril péchase o prazo de inscrición para o XVI Torneo Real Club Deportivo, que se celebrará, como cada ano, o próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, na Cidade Deportiva de Abegondo. Por quinto ano consecutivo, o torneo disputarase nas categorías Prebenxamín e Benxamín, para as que polo momento hai inscritos 175 equipos (101 Benxamíns e 74 Prebenxamíns).

Os clubs interesados en participar poden inscribirse até ese día completando o formulario desta páxina ou enviando todos os datos solicitados á dirección de correo electrónico: torneo@rcdeportivo.es.

Ademais de en esa dirección pódese ampliar información no 981 259 500 (Ext.2) ou nas oficinas do Club na Praza de Pontevedra, 19 1º en horario de oficina (de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas).

Todos os anos, desde 2004, o Día das Letras Galegas é tamén o día da festa do fútbol base en Abegondo. Cada 17 de maio, o Torneo RC Deportivo congrega por centos de equipos Prebenxamíns e Benxamíns de toda a xeografía galega, ofrecendo aos nenos, desde 2014, a posibilidade de disputar todos os seus partidos sobre os terreos de xogo de céspede natural nos que cada día adestran e xogan todos os equipos do Dépor. A partir daquela edición, o número 11, o espazo ocupado polo campo de herba artificial da Cidade Deportiva de Abegondo dedícase a actividades lúdicas e hostalaría, para que tanto os novos futbolistas como os seus familiares poidan gozar do día con todas as comodidades e sen un só instante de aburrimento.