RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

De Guzman golea con Canadá; e Omar Bravo e Gardado brillan con México

O deportivista De Guzman foi o autor do único tanto do seu equipo nacional, Canadá, no seu partido ante Xamaica, clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica de 2010. O tanto do centrocampista do Dépor supuxo o 1-0 provisional no

Nun repleto Estadio Nacional Azteca, Gardado foi titular e xogou ademais o noventa minutos na banda esquerda no debut do seleccionador sueco Eriksson co equipo nacional de México. Gañaron os locais con apuros a Honduras (2-1). Omar Bravo empezou de suplente e saltou ao campo no minuto 60 de partido, xusto para axudar á remontada, posto que o partido puxéraselle costa arriba a México no minuto 35 co 0-1 de Honduras. O encontro tamén era clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010.