RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B comeza a liga o 6 ou 7 de setembro mentres que os cadetes e infantís, o 13 ou 14

A Federación Galega de Fútbol fixo públicas as datas de inicio das ligas para 5 equipos de ANOSACANTEIRA

Así, o Xuvenil B, vixente campión da liga Nacional, comezará a súa competición o 6 ou 7 de setembro.

Pola súa banda, na División de Honra os dous equipos cadetes (Dépor e San Tirso SD Cadete) e os dous infantís (Dépor e San Tirso SD Infantil) arrincan o 13 ou 14 de setembro.