RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado en ANOSACANTEIRA e calendario deste domingo 18, co Fabril en Salamanca e ONOSODERBI na Liga Nacional

Este domingo 19 de abril compiten o Fabril e os dous equipos xuvenís.

O filial deportivista visita ás 17:00 ao Salamanca CF UDS co título de campión e o ascenso á Primera Federación, conseguido a pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante a UD Ourense.

Na rolda de prensa previa, Manuel Pablo asegura que o filial vai presentar "un bloque competitivo porque os rapaces adestraron moi ben".

Os salmantinos, que veñen de derrotar en Segovia á Gimnástica (0-1), xóganse o entrar no play off de ascenso.

Ás 12:00 o Xuvenil A mídese ao Bansander en San Juan de Monte e o Xuvenil B ao RC Celta B no campo Arsenio Iglesias en #ONOSODERBI da Liga Nacional.

No equipo de Miguel Figueira Mauro Valeiro acaba de ser citado pola selección española sub-17 para dous amigables ante Ucraína en Córdoba, que servirán de preparación para o Campionato de Europa da categoría.

Completa a xornada do domingo 19 o encontro do San Tirso SD Cadete en Cotogrande ante o UD Santa Mariña (12:30 horas).

Este sábado 18 de abril xogáronse 5 encontros.

O Cadete (na foto principal da noticia) e Infantil venceron ao Arosa SC (0-3 e 0-7 respectivamente).

Na Torre disputáronse outros 2 choques, resoltos con vitorias: o Alevín A ante o ED Luis Calvo Sanz (4-0) e o Benxamín A, campión da Primera Futgal A Coruña, ante o Santa Cruz CF (9-1).

Pola súa banda, Ponte dos Brozos acolleu o Atlético Arteixo 1 - Fabril FC Alevín 6.

Este venres 17 xogouse un novo encontro en ANOSACANTEIRA. No Dépor Training Center o Alevín impúxose por 5-1 ao ED Luis Calvo Sanz na 9ª xornada do Trofeo Luis Calvo de fútbol 11.

Os branquiazuis lograron a súa 9ª vitoria consecutiva á fronte da táboa.

O partido entre Atlético Coruña Montañeros CF e o Fabril FC Benxamín, este xoves 16 de abril no campo da Universidade Laboral abriu o calendario de partidos.

Venceron os fabrilistas por 0-3.

Con este resultado, o Fabril FC Benxamín suma 60 puntos asentado na 5ª posición da Primera Futgal A Coruña.

O encontro adiántase debido á participación do conxunto fabrilista (na foto inferior) na Costa de la Luz Champions Cup que se disputa en Huelva.

O calendario de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
32ª xornada: SALAMANCA CF UDS - FABRIL, o domingo 19 de abril ás 17:00 en El Helmántico

Categoría xuvenil
División de Honra, 28ª xornada: BANSANDER - XUVENIL A, o domingo 19 de abril ás 12:30 no campo San Juan de Monte (Cantabria)

Liga Nacional, 30ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, o domingo 19 de abril ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias

Categoría cadete
División de Honra, 27ª xornada: AROSA SC 0 - CADETE 3 (Nico Giovanni -2- e Anxo Castro)
División de Honra, 27ª xornada: UD SANTA MARIÑA - SAN TIRSO SD CADETE, o domingo 19 de abril ás 12:30 en Cotogrande (Vigo)

Categoría infantil
División de Honra, 30ª xornada: AROSA SC 0 - INFANTIL 7 (Yoel Darriba, Manu Sande, Hugo Macedo -2- e Santi Durán -3-)
División de Honra, 30ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 19 de abril ás 12:00 no Monte

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 9ª xornada: ALEVÍN 5 (Adrián Prieto, Adrián Liñares, Mateo Songo'o e Enzo Fernández -2-) - ED LUÍS CALVO SANZ 1

Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: ALEVÍN A 4 (Enzo Fernández, Adrián Liñares, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o) - ED LUÍS CALVO SANZ 0
Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO 1 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (César Leira -2-, Marco Dios, Mateo Pastorín, Pablo Couso e Leo Galbán)

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada: BENXAMÍN A 9 (Nico Mariño -2-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela -2-, Ian Lata -2- e Manu López) - SANTA CRUZ CF 1
Primera Futgal A Coruña, 28ª xornada (xoves 16): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Jaime Fraga -2- e Álex Martínez)

Costa de la Luz Champions Cup
Sábado 18 de abril
Primera Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Álex Martínez -2-, Izan Mallón, Jaime Fraga e Tomás Lorenzo) - FUENGIROLA ATHLETIC CLUB CD 0
CONCELLO ALJARAQUE SD 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Izan Mallón -2-, Jaime Fraga e Milan Songo'o)
FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Mateo Songo'o -2-, Jaime Fraga -2-, Juan Crujeiras e Álex Martínez) - SAN LORENZO ATLÉTICO 0

Domingo 19 de abril
Oitavos de final
16:00: FABRIL FC BENXAMÍN - ASOCIACIÓN DEPORTIVA LOS MARES