-Foto:@https://x.com/selecaoportugal
Inês Pereira estivo concentrada con Portugal para dous partidos clasificatorios para o próximo Campionato de Europa 2027.
O segundo deles e último desta xanela FIFA foi este sábado 18 de abril no Estadio Tratan Area de Kosice ante Eslovaquia.
A porteira deportivista xogou completo un choque que foi para o conxunto portugués por 1-2.
Con 4 partidos xogados no grupo B, Portugal encabeza a clasificación con 12 puntos. En segunda posición está Finlandia con 9.
O primeiro dos encontros da futbolista do Dépor ABANCA disputouse este martes 14 de abril en Letonia.
A gardameta deportivista tamén foi titular nun partido resolto con goleada lusa por 0-3.
Os resultados de Inês Pereira nesta xanela FIFA foron os seguintes:
Martes 14 de abril
LETONIA 0 - PORTUGAL 3
Sábado 18 de abril
ESLOVAQUIA 1 - PORTUGAL 2
Inês Pereira, unha das fixas na súa selección, suma campaña 22 partidos co Deportivo ABANCA en Liga F.
