RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

As Nosas adéstranse de novo o luns 20 de abril ás 10:45 no Dépor Training Center

As Nosas gozan dunha fin de semana de descanso nesta segunda semana de parón ligueiro. 

Despois do amigable deste pasado venres 17 de abril en Portugal ante o FC Porto, resolto con empate a 3 goles, non haberá actividade este sábado 18 e o domingo 19 de abril.

Fran Alonso citou de novo aos seus futbolistas o luns 20 de abril no Dépor Training Center para un adestramento que arrincará ás 10:45 horas.

A próxima cita en Liga F para o Dépor ABANCA será o domingo 26 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Alhama CF, en partido correspondente á 26ª xornada en Liga F.