O partido do Dépor ante o CD Mirandés, "Día DÉ..." O Coidado da Nosa Terra
O partido do Dépor ante o CD Mirandés deste luns 20 de abril ás 20:30 horas en ABANCA-RIAZOR foi declarado polo RC Deportivo como "Día DÉ..." O Coidado da Nosa Terra, facéndoo coincidir co 22 de abril, Día Mundial de la Madre Tierra.
Esta data convida a deternos, mirar ao noso ao redor e lembrar que o verdadeiro fogar non ten paredes: é o planeta que pisamos, respiramos e sentimos.
O Dépor move paixóns, une corazóns e crea comunidade. Ademais, o fútbol e o Dépor son un altofalante para algo aínda máis grande: o coidado da nosa terra.
Cada xesto conta, cada acción suma e cada voz pode marcar a diferenza.
Con todo iso, o Club quere que este partido non sexa só un resultado no marcador, senón un compromiso nas nosas vidas, un respecto polo que nos rodea.
En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.