O RC Deportivo fixo entrega das insignias de ouro aos 25 abonados e abonadas que este ano alcanzan os 50 de compromiso co Club
O acto, celebrado no Estadio ABANCA-RIAZOR, estivo marcado pola emoción, o orgullo e o profundo sentimento de pertenza que define ao deportivismo.
O presidente da RC Deportivo, Juan Carlos Escotet Rodríguez, foi o encargado de facer entrega das insignias aos 25 socios e socias que representan, desde hai medio século, a pertenza ao Club e o orgullo branquiazul.
Ao longo do evento púxose en valor o papel de quen acompañaron ao equipo en cada etapa da súa historia, desde os momentos máis brillantes até os máis complexos, mantendo intacta a súa fidelidade ao Dépor e aos deportivistas.
Os abonados e abonadas homenaxeados nesta edición son:
Luis Blanco del Río
Carlos Castro Sánchez
Luis Castro Villamor
Antonio Couceiro Mosquera
Ramón de Llano Cervero
Pablo de Uña Álvarez
Luis Enrique Doldán Docampo
José Luis Fontela Piñeiro
Evaristo García Ríos
Francisco Javier Gutiérrez Nouche
José Antonio Maceiras Costa
José Ramón Núñez Carabel
Gonzalo José Ortiz Amor
José Prado Fidalgo
José Prado Sánchez
Pablo Rafael Prieto Casal
Juan José Redondo Lago
Jaime Regueiro Yebra
Emilio Roade Chas
Miguel Ángel Sineiro Ramos
Francisco Sobrido González
Antonio Vale Gestal
Marcelino Varela
María Ángeles Vázquez Serantes
Escusou a súa asistencia ao acto Ramón Rosende Calvo.
Durante a súa intervención, o presidente destacou o valor dunha fidelidade que vai máis aló do simbólico: "A vosa condición de socios de ouro transcende o recoñecemento simbólico. Representa a esencia mesma do RC Deportivo. Formades parte da súa identidade, da súa memoria e da súa alma. A insignia que hoxe recibides expresa ese vínculo profundo, esa maneira de entender e vivir o Club que perdura no tempo", sinalou ante os homenaxeados o presidente.
Na mesma liña, o conselleiro Carlos Ballesta puxo o acento no papel destes socios como "memoria viva" do Club, subliñando ademais a importancia de seguir mirando ao futuro: "Hai xeracións que veñen empuxando moi forte... nenos e nenas que hoxe soñan co mesmo que soñabamos nós, e equipos como o Fabril lémbrannos que o futuro xa está en camiño".
Como parte da xornada, os asistentes tamén gozaron dunha visita guiada polo novo Dépor Museo & Tour, un percorrido pola historia do Dépor que permitiu pór en valor todo o vivido durante este cinco décadas e lembrarlles que, ademais de ser testemuñas, xa forman parte dese legado.
Con este acto, o RC Deportivo reafirma o seu compromiso de recoñecer e coidar a quen fixeron do Club unha parte esencial das súas vidas, sostendo xeración após xeración o verdadeiro significado do deportivismo.
