RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Minutos de xogo para Lucía Rivas no triunfo por 3-0 de España ante Irlanda del Norte na Rolda 2 de clasificación para o Europeo

-Foto:@rfef.es

 

Lucia Rivas (na foto co dorsal 20) e Paula Redruello 'Redru' (dorsal 16) están concentradas coa selección española sub-19 para disputar a Rolda 2 de clasificación para o Campionato de Europa da categoría que se xogará en Bosnia e Herzegovina do 27 de xuño ao 10 de xullo.

Os rivais de España son Hungría, Irlanda del Norte e Portugal na localidade lusa de Oeiras.

A segunda cita para as canteirás branquiazuis foi ante as irlandesas este mércores 15 de abril na Cidade do Futebol en Oeiras.

Nesta ocasión tivo minutos Lucía Rivas, que saltou ao campo após o descanso en substitución de Alba Cerrato.

O triunfo por 3-0 foi para as españolas.

Este sábado 18 de abril, as dúas futbolistas branquiazuis xóganse ante Portugal o billete para a Fase Final do Campionato de Europa.

O primeiro partido foi este domingo 12 de abril ante Hungría. Venceron tamén as españolas por 3-0.

Lucía Rivas e Redru saltaron ao céspede após o descanso en substitución de Lúa Arufe e Irune Dourado respectivamente.

O calendario de Lucía Rivas e Redru, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Domingo 12 de abril
ESPAÑA 3 - HUNGRÍA 0

Mércores 15 de abril
ESPAÑA 3 - IRLANDA DEL NORTE 0

Sábado 18 de abril
15:00 (hora local, 16:00 en Galicia): PORTUGAL - ESPAÑA, na Cidade do Futebol (Oeiras)

Lucía Rivas, ademais de internacional sub-16, proclamouse campioa de Europa sub-17. 

Esta temporada no Dépor ABANCA de Liga F suma 11 partidos xogados, 5 deles como titular, con 1 gol anotado. Así mesmo, no filial de Segunda Federación leva 11 partidos, 8 deles como titular.

Pola súa banda, Redru xogou 14 partidos coas Nosas na máxima categoría do fútbol español, 3 deles como titular.

Así mesmo, no Dépor ABANCA B participou en 14 partidos, todos eles de titular, nos que anotou 1 gol.