RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Mauro Valeiro, citado pola selección española sub-17 para dous amigables ante Ucraína en Córdoba

Mauro Valeiro Méndez (A Coruña, 1 de setembro de 2009) foi citado pola selección española sub-17 para disputar dous partidos amigables ante Ucraína o 21 e o 23 de abril en Córdoba.

Estes dous encontros servirán de preparación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría e poderanse seguir nas canles oficiais da RFEF.

O calendario de partidos do canteirán deportivista é o seguinte:

Martes 21 de abril
19:30: ESPAÑA - UCRAÍNA, no Estadio Nuestra Señora de Luna (Pozoblanco)

Xoves 23 de abril
11:00: ESPAÑA - UCRAÍNA, no Estadio Bahrain Victorious Nuevo Arcángel (Córdoba)

Finalizado este choque, Mauro Valeiro regresará á Coruña.

O centrocampista do Xuvenil A é un dos habituais nas últimas convocatorias deste combinado nacional. 

Así, proclamouse campión do torneo internacional no Algarve (Portugal) e tamén xogou en marzo a Rolda 2 de clasificación ante Irlanda del Norte, Escocia e Turquía, fase na que certificou a súa clasificación para o Campionato de Europa.

O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.

Mauro Valeiro suma a día de hoxe 22 partidos co Xuvenil A na División de Honra, 18 deles como titular; nos que anotou 2 goles.