RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Inês Pereira foi titular no triunfo de Portugal por 0-3 en Letonia

-Foto:@https://x.com/selecaoportugal

 

Inês Pereira está concentrada con Portugal para dous partidos clasificatorios para o próximo Campionato de Europa 2027.

O primeiro deles xogouse este martes 14 de abril en Letonia. 

A gardameta deportivista foi titular nun partido resolto con goleada lusa por 0-3.

Con 3 partidos xogados no grupo B, Portugal encabeza a clasificación con 9 puntos.

A próxima cita de Inês Pereira será este sábado 18 de abril en Eslovaquia.

O calendario de partidos de Inês Pereira, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Martes 14 de abril
LETONIA 0 - PORTUGAL 3

Sábado 18 de abril
16:00: ESLOVAQUIA - PORTUGAL, no Estadio Tratan Area de Kosice

Inês Pereira, unha das fixas na súa selección, suma campaña 22 partidos co Deportivo ABANCA en Liga F.