RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

As Nosas regresaron este martes 14 de abril aos adestramentos na segunda semana de parón de seleccións

O Deportivo ABANCA regresou este martes 14 de abril aos adestramentos no Dépor Training Center na segunda semana de parón polas seleccións nacionais.

Fran Alonso non puido contar coas internacionais Inês Pereira (Portugal), Espe Pizarro (Uruguai), Hildah Magaia (Sudáfrica), e Lucía Rivas e Redru (España sub-19).

A próxima sesión de traballo está prevista para este mércores 15 de abril ás 10:30 no Dépor Training Center.

Esta semana non hai partido de competición oficial para as branquiazuis.

O Dépor ABANCA retoma a liga F o domingo 26 de abril ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Alhama CF.

As Nosas, coa permanencia atada, suman 26 puntos na 12ª posición.