RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Fran Alonso non seguirá no banco do Dépor ABANCA a próxima temporada

Fran Alonso non continuará no Deportivo ABANCA unha vez finalice o seu contrato o 30 de xuño.

O Club desexa expresar o seu agradecemento ao técnico polo seu traballo, compromiso e dedicación durante este período, no que contribuíu de maneira significativa ao crecemento e consolidación do equipo na elite do fútbol feminino nacional.

O RC Deportivo deséxalle a Fran Alonso o maior dos éxitos nos seus próximos retos profesionais e persoais.