Adrià Altimira Reynaldos (Cardedeu, 28 de marzo de 2001) e Esperanza Pizarro Pagalday (Nueva Palma, Colonia, Uruguai, 15 de abril de 2001) gañaron por segunda vez o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes, neste caso correspondente a marzo.
O lateral catalán recolleu este xoves 9 de abril o seu trofeo na sala de prensa do Dépor Training Center de mans de Gustavo Galván, promotor de Estrella Galicia, polas súas actuacións nos partidos de liga ante a Real Sociedad B, Granada CF, AD Ceuta FC, Real Zaragoza e Sporting de Gijón.
Espe Pizarro, elixida as súas actuacións ante o FC Barcelona, Granada CF e SD Eibar, recollerá o seu galardón ao seu regreso da concentración de Uruguai.
A terna de finalistas elixidos polos medios de comunicación que cobren a diario a información dos dous equipos branquiazuis foron a formada por Mario Soriano, Adrià Altimira e Lucas Noubi no caso do Dépor; e Espe Pizarro, Paula Gutiérrez e Lucía Rivas no caso do Dépor ABANCA.
Altimira arrincou a súa comparecencia posterior ante os medios de comunicación dando "moitas grazas a todos polo premio".
