RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O partido do Dépor ABANCA ante a SD Eibar tamén será o "Día DÉ..." As Persoas con Síndrome de Down

Hai días que van máis aló do fútbol. Días nos que o corazón latexa máis forte e o verdadeiro significado deste deporte faise visible.

Do mesmo xeito que o Dépor - Zaragoza de LaLiga Hypermotion da pasada fin de semana, o Dépor ABANCA - SD Eibar de Liga F deste sábado 28 de marzo ás 18:00 horas (Dazn e RTVE Play) en ABANCA-RIAZOR foi declarado Día DÉ... As Persoas con Sindrome de Down.

Será pois unha nova xornada para celebrar a diversidade, para visibilizar, para aprender e, sobre todo, para lembrar que cada persoa é única e valiosa tal e como é. 

O fútbol, como a vida, constrúese coa suma de todos.

Desde o deportivismo queremos alzar a voz pola inclusión, polo respecto e por unha sociedade na que todos teñamos o noso lugar.

Este partido non só xógase no campo. Xógase en cada xesto, en cada aplauso e en cada mirada chea de empatía.

En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.