RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo aumenta a súa oferta hospitality en ABANCA-RIAZOR con novos espazos exclusivos

O RC Deportivo continúa dando pasos na mellora da experiencia no estadio ABANCA-RIAZOR coa posta en marcha de novas zonas de hospitality que permiten duplicar a oferta dispoñible en día de partido. Con esta ampliación, o Club reforza a súa aposta por ofrecer espazos diferenciais, pensados tanto para empresas como para afeccionados que buscan vivir o fútbol nunha contorna única. Club Riazor e Bar Bruma son os novos palcos vip que se sitúan entre o Córner de Pavillón e Preferencia e Marathón e Preferencia. 

Club Riazor é un espazo concibido como unha contorna de referencia para o networking empresarial. Nun ambiente privilexiado, con vistas directas ao terreo de xogo, este espazo nace co obxectivo de fomentar a xeración de sinerxías, impulsar novas oportunidades de negocio e facilitar encontros de alto valor nun contexto exclusivo.

Bar Bruma é un concepto innovador e diferencial dentro do estadio. Trátase dun punto de encontro contemporáneo e creativo, cunha marcada identidade cultural grazas á presenza de obras de artistas galegos. Nun ambiente máis distendido e informal, o espazo aposta por unha experiencia sensorial completa, onde se pode gozar de música en directo ou propostas de showcooking que converten cada visita en algo especial, máis aló do propio partido.

Así mesmo, após a inauguración do Dépor Museo & Tour, a Sala Dourada e a Sala Azul pasan tamén a funcionar como zonas de hospitality nos días de partido, favorecendo a experiencia dos usuarios e enriquecendo a proposta global de ABANCA-RIAZOR.

Para reservar o Club Riazor ou o Bar Bruma, os interesados poden porse en contacto a través do correo electrónico: vip@rcdeportivo.es 

Con esta ampliación, o RC Deportivo reafirma o seu compromiso coa innovación, a mellora continua dos servizos e a creación de novas experiencias para afeccionados, empresas e colaboradores.