O Dépor completou este mércores 25 de marzo unha sesión con alta carga táctica no campo 2 do Dépor Training Center.
Antonio Hidalgo esbozou o plan de partido para este sábado 28 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV) no Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini' ante o Sporting de Gijón.
Ximo Navarro asegurou que Os Nosos están "centrados en Gijón e logo recuperarémonos para o martes", día do choque ante o Córdoba CF en ABANCA-RIAZOR.
Precisamente da fortaleza mental do equipo fala o feito de que o Dépor lidera LaLiga Hypermotion en puntos conseguidos grazas a goles no minuto 90 ou posteriores.
En total, 7 puntos sumáronse grazas a 4 goles decisivos no tempo engadido.
Os protagonistas foron Yeremay, con goles ante Valladolid e Cultural; Mario Soriano fronte á Real Sociedad B; e Altimira no partido contra o AD Ceuta FC.
Os Nosos compiten até o último minuto e nunca deixan de empuxar.
"Os partidos duran 90 minutos máis o desconto. Sempre é importante chegar vivo ao final. Se chegamos gañando antes moito mellor pero esta categoría é moi difícil, moi competida. Vese cada fin de semana", opina respecto diso o defensor branquiazul.
Subliña que "mentres sumemos de 3 é o importante. Iso fala da fortaleza que o equipo ten nos partidos. Chegar vivos a eses minutos finais fóra de ABANCA-RIAZOR e conseguir os 3 puntos senta ben".
Cre non obstante que o obxectivo é "ir partido a partido, gañalos e cumprir o obxectivo".
Está con adestramento personalizado David Mella mentres que Lucas Noubi está concentrado coa selección belga sub-21.
Hugo Ríos, Bil, Samu e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Este xoves, Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.
