O Dépor pon desde este martes 24 de marzo rumbo ao Estadio El Molinón - Enrique Castro 'Quini', escenario do choque ante o Sporting de Gijón previsto para este sábado 28 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV).
A novidade esta asollada mañá foi a presenza de Miguel Loureiro, que comeza a facer tarefas co grupo.
O central deportivista enfila a recta final da súa recuperación da escordadura de nocello sufrido en Ceuta.
Non estiveron co grupo David Mella, en repouso deportivo após a súa intervención cirúrxica no seu xeonllo esquerdo; e Noubi, concentrado con Bélxica sub-21 para dous partidos nesta xanela FIFA.
Antonio Hidalgo advirte que "todo o mundo está moi preparado na categoría e a diferenza da cabeza, de seguir crendo, é un paso moi importante".
O técnico deportivista ademais apunta que no equipo "todo o mundo está a ver a competencia, a esixencia en todas as posicións. Se sacamos xogadores ao campo e renden a ese nivel será cousa tamén de entender os momentos de cada un, deses roles que son tan importantes para un equipo".
Ve á xente no vestiario "enchufada. Os xogadores enfádanse por non xogar, é normal; pero cando saen ao campo renden, que é o que conta".
Os datos reflicten que o Dépor consolídase como un dos equipos que máis confía na mocidade en LaLiga Hypermotion. O conxunto branquiazul é actualmente o 2º equipo da categoría con máis xogadores sub-23 que superan os 1.500 minutos disputados, empatado con Málaga e Real Valladolid.
En total, 5 futbolistas sub-23 do Dépor alcanzaron esa cifra de protagonismo ao longo da temporada. Trátase de Noubi e Barcia, ambos preto do 60 % dos minutos totais do equipo; Mella, que rolda o 65%; e Yeremay xunto a Mario Soriano, que superan o 95% de participación nos minutos disputados.
Entre todos eles destaca especialmente Mario Soriano, que se sitúa como o 2º xogador sub-23 con máis minutos de toda LaLiga Hypermotion, moi preto do liderado que ocupa David Larrubia, do Málaga CF.
O corpo técnico dispuxo, após unha activación con roda de pases, uns rondos, un xogo de posición, unha tarefa táctica e fútbol en espacio reducido.
Bil e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA.
Este mércores 25 de marzo Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.
