RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Foi unha vitoria que parte de ANOSAFORZA. Empuxáronnos moitísimo desde o inicio"

Antonio Hidalgo cualificou a noite vivida en ABANCA-RIAZOR ante o Real Zaragoza como "brutal. Foi unha vitoria que parte de ANOSAFORZA. Empuxáronnos moitísimo desde o inicio. Sostivéronnos durante os malos momentos na segunda parte. Atopámonos co gol en contra e seguiron animando e empuxando".

Asegura que "é un pracer e un orgullo vivir este tipo de noites. Estou moi contento de brindar a #ANOSAFORZA 3 puntos importantes para seguir na pelexa".

O técnico deportivista rememora o recibimento ao equipo: "Ver cando o autobús se achegaba a ABANCA-RIAZOR, como se facía pequena a avenida... Hai un momento que non se ve nada polas bengalas. Cando se volve a abrir e ves a toda a xente nos costados animando. Ves as caras de éxtases, de felicidade por empuxar, por crer. Foi moi bonito a verdade".

Antonio Hidalgo conclúe que "o recibimento foi unha idea brillante. Necesitabamos esa comuñón entre ANOSAFORZA e o equipo para sentir esa confianza; sabendo que nos ían a empuxar pasase o que pasase. Iso é un plus sempre para o xogador".

Explica a boa primeira parte do Dépor "tendo a Mario Soriano máis abaixo, esa posición algo máis intermedia de Luismi, Stoichkov preto de Bil, amplitude por fóra con Giaco e Alti, xente sustentando a parte de atrás... Iso dáche fluidez".

E advirte sobre a segunda metade que "o rival che analiza, empeza a cambiar cousas e por iso custounos máis. Aínda así estou contento coa vitoria e como traballou o equipo".