RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Stoichkov pide "darlle moito valor ao que estamos a facer" e Mulattieri fala de "un ambiente incrible"

Stoichkov e Samuele Mulattieri pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O dianteiro andaluz mostrouse "contento pola vitoria. Gustaríame marcar antes pero nesta categoría calquera equipo pódeche pór as cousas moi complicadas. O importante é que conseguimos máis 3".

Cre que "a primeira parte era para irte gañando pero na segunda eles corrixiron e meteron máis xente no centro do campo. Iso prexudicounos pero o importante é sumar de 3 e estou moi contento pola vitoria".

Stoichkov asegura que "hai que loitar até o final. Son varios partidos que conseguimos marcar ao final. Hai que darlle moito valor ao que estamos a facer. Non é fácil. O Real Zaragoza viña de gañar en casa a un gran rival (o UD Almería) e hai que darlle importancia".

Pola súa banda, Samuele Mulattieri, autor do tanto do triunfo, confesou tamén estar "moi contento polo gol, sobre todo porque gañamos. O importante agora é continuar por este camiño".

O futbolista italiano cualificou o recibimento como "incrible. É un ambiente incrible aquí. Estou moi contento de estar neste Club. Hai que traballar para conseguir os resultados para #ANOSAFORZA".

Finalmente admite que na xogada do gol do triunfo houbo "medo que o árbitro o anulase pero cando dixo que era válido puxémonos moi contentos".