-Foto:@rfef.es
Mauro Valeiro estivo concentrado coa selección española sub-17 na Rolda 2 de clasificación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.
Os rivais foron Irlanda del Norte, Escocia e Turquía.
O terceiro e último encontro para os españois foi este sábado 21 de marzo ante Turquía en Solitude (Belfast).
A España lle valía o empate, que logrou (0-0), para selar a súa clasificación para o Campionato de Europa que se xoga en Estonia e para o Mundial de Catar.
Mauro Valeiro arrincou no banco e relevou a Holmes Junior Zamorano no minuto 81.
Anteriormente, o canteirán deportivista foi titular ante Irlanda del Norte (2-0); e tamén participou ante Escocia (3-0), neste caso ao substituír a Ian Mencía no minuto 81.
Os resultados de Mauro Valeiro e España nesta Rolda 2 foron os seguintes:
Domingo 15 de marzo
ESPAÑA 2 - IRLANDA DEL NORTE 0
Mércores 18 de marzo
ESPAÑA 3 - ESCOCIA 0
Sábado 21 de marzo
TURQUÍA 0 - ESPAÑA 0
O futbolista do Xuvenil A acaba de proclamarse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal).
O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.
Mauro Valeiro suma a día de hoxe 20 partidos co Xuvenil A na División de Honra, 15 deles como titular; nos que anotou 2 goles.
