O Dépor ABANCA caeu (1-2) no campo Arsenio Iglesias ante As Celtas, en partido correspondente á 22ª xornada en Segunda Federación.
No partido da primeira volta disputado na Madroa o pasado 12 de outubro de 2025 tamén venceron as célticas por 1-0 cun gol no desconto.
Nesta ocasión, o técnico deportivista Brais Pombo puido contar con todas as futbolistas que están en dinámica do primeiro equipo en Liga F: Carmen, Lucía Rivas, Redru e Paula Novo. Todas elas foron titulares.
Adiantáronse as viguesas no minuto 18 cun disparo raso afastado, duro e axustado ao pau esquerdo, ao que non chega a internacional Antía Veiga.
Reaccionou ben o Dépor ABANCA B.
Así, aos 34 minutos, Valbuena recibe na área e, a pesar de estar escorada, coa o balón por encima de Naiara, gardameta de As Celtas.
Con este empate e con todo por decidir chegouse á prolongación do primeiro tempo.
Pero ao saque dunha falta lateral, o colexiado do partido, Sergio Castro, sinalou penalti nun forcexeo entre Jenny Corros e unha atacante céltica que se aprestaba ao remate.
Nara transformou ao Panenka.
Após o paso polos vestiarios, ao Dépor ABANCA B, a pesar de que competiu moi ben e dominou o xogo, faltoulle precisión para polo menos rabuñar un punto.
De feito, Karla o tivo nas súas botas na recta final.
Con este resultado, As Nosas quedan en 11ª posición da Segunda Federación con 22 puntos.
Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Paula Novo, Carmen Carballada (Lucía Mariño, min. 60), Lucía Rivas (Laura Otero, min. 75), Sonso, Redru, Valbuena, Karla, Laura Ruiz (Emma Gandoy, min. 60) e Jenny Corros
O vindeiro domingo 29 de marzo ás 12:00, o Dépor ABANCA visita ao Burgos CF.
Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:
Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3
Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Burgos CF 1
Atlético de Madrid C 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Jenny Corros) - Bizkerre Club 6
Real Sociedad B 5 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 - Real Racing Club 0
Madrid CFF B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Jenny Corros e Carmen)
Deportivo ABANCA B 2 (Karla Bermejo -2-) - Real Avilés Industrial 2
Athletic Club B 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Karla Bermejo -2-)
Olímpico de León 2 - Deportivo ABANCAB 2 (Daniela Valbuena -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Daniela Valbuena) - As Celtas 2
