-Foto:@rfef.es
Mauro Valeiro (na foto co dorsal 8) está concentrado coa selección española sub-17 na Rolda 2 de clasificación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.
Os rivais son Irlanda del Norte, Escocia e Turquía.
O terceiro e último encontro para os españois, que suman 6 puntos de 6 posibles, será este sábado 21 de marzo ás 15:00 ante Turquía en Solitude (Belfast).
Até o momento, Mauro Valeiro foi titular ante Irlanda do Norte (2-0); e tamén participou ante Escocia (3-0), neste caso ao relevar a Ian Mencía no minuto 81.
O calendario de Mauro Valeiro, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Domingo 15 de marzo
ESPAÑA 2 - IRLANDA DEL NORTE 0
Mércores 18 de marzo
ESPAÑA 3 - ESCOCIA 0
Sábado 21 de marzo
15:00: TURQUÍA - ESPAÑA, en Solitude (Belfast)
O futbolista do Xuvenil A acaba de proclamarse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal).
O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.
Mauro Valeiro suma a día de hoxe 20 partidos co Xuvenil A na División de Honra, 15 deles como titular; nos que anotou 2 goles.
