RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con partido do Dépor ABANCA B ante As Celtas este sábado 21 no campo Arsenio Iglesias

O partido do Dépor ABANCA B ante As Celtas o sábado 21 de marzo ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias é o choque máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.

As branquiazuis, que veñen de empatar en León co Olímpico (2-2), suman 22 puntos na 11ª posición da táboa.

Pola súa banda, as celestes, que a pasada fin de semana empataron (1-1) co Real Racing Club, son terceiras con 41 puntos.

No partido da primeira volta disputado en A Madroa o pasado 12 de outubro de 2025 venceron As Celtas por 1-0 cun gol no desconto.

Fóra do seu campo esta temporada o equipo vigués gañou ao Olímpico de León (1-2), Atlético Villalonga FF (1-2), Madrid CFF B (0-1) e Atlético de Madrid C (1-3); empatou coa Real Sociedad B (1-1) e Real Avilés Industrial (1-1); e caeu co Real Racing Club (3-0), SD Eibar B (1-0), Burgos CF (2-0) e Athletic Club B (2-1). 

O partido será retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.

Para o domingo 22 quedan os outros 2 encontros da fin de semana.

O Orzán SD Sub-21, en Terceira Federación, recibe ás 16:00 na Torre ao Victoria CF, un poderoso rival que marcha na 2ª posición.

E en Santa Isabel (Santiago de Compostela), o Orzán SD Xuvenil mídese ao Victoria FC B, un equipo tamén da zona alta da Primera Autonómica.

Esta semana toca descanso para o Orzán SD Cadete no grupo 1º da Liga Galega; e para os dous equipos infantís antes de arrincar o Grupo polo Título da Liga Galega o A e a Fase de Plata o B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - AS CELTAS, o sábado 21 de marzo ás 12:00 no campo Arsenio Iglesias
Clasificación: ... 3. As Celtas, 41 puntos... 9. Madrid CFF B e Atlético de Madrid C, 25 puntos; 11. Deportivo ABANCA B, 22 puntos; 12. Olímpico de León, 18 puntos...

Tercera Federación
19ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - VICTORIA CF, o domingo 22 de marzo ás 16:00 na Torre
Clasificación: ... 2. Victoria CF, 36 puntos... 8. Tomiño FC Femenino, 22 puntos; 9. Orzán SD Sub-21, 21 puntos; 10. SD O Val, 13 puntos... 

Primera Autonómica
22ª xornada: VICTORIA FC B - ORZAN SD XUVENIL, o domingo 22 de marzo ás 16:00 en Santa Isabel
Clasificación: ... 5. Victoria FC B, 41 puntos... 11. Sporting Cambre e UD Carral, 20 puntos; 13. Orzán SD Xuvenil, 16 puntos; 14. SCD Pastoriza, 13 puntos...

Liga Galega cadete
Clasificación do grupo 1º: 1. Victoria CF, 49 puntos; 2. Orzán SD Cadete (un partido máis), 47 puntos; 3. SCD Milagrosa, 45 puntos...