O partido do Dépor ABANCA B ante As Celtas este sábado 21 de marzo no campo Arsenio Iglesias foi o choque máis destacado da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina.
O encontro foi retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.
No partido da primeira volta disputado na Madroa o pasado 12 de outubro de 2025 venceron As Celtas por 1-0 cun gol no desconto.
Repetiron as viguesas (1-2) no Dépor Training Center a pesar do bo partido do equipo branquiazul, que puido aliñar a todas as futbolistas que están en dinámica do primeiro equipo en Liga F: Carmen, Lucía Rivas, Redru e Paula Novo.
Con este resultado, As Nosas quedan en 11ª posición da Segunda Federación con 22 puntos.
Para o domingo 22 quedan os outros 2 encontros da fin de semana.
O Orzán SD Sub-21, en Tercera Federación, recibe ás 16:00 na Torre ao Victoria CF, un poderoso rival que marcha na 2ª posición.
E en Santa Isabel (Santiago de Compostela) ás 16:00, o Orzán SD Xuvenil mídese ao Victoria FC B, un equipo tamén da zona alta da Primera Autonómica.
Esta semana toca descanso para o Orzán SD Cadete no grupo 1º da Liga Galega; e para os dous equipos infantís antes de arrincar o Grupo polo Título da Liga Galega o A e a Fase de Plata o B.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Segunda Federación
22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Daniela Valbuena) - AS CELTAS 2
Tercera Federación
19ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - VICTORIA CF, o domingo 22 de marzo ás 16:00 na Torre
Primera Autonómica
22ª xornada: VICTORIA FC B - ORZAN SD XUVENIL, o domingo 22 de marzo ás 16:00 en Santa Isabel
