RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados este sábado 21 en ANOSACANTEIRA; e calendario deste domingo 22, co Fabril ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias

Este domingo 22 de marzo xoga o líder da Segunda Federación, o Fabril.

Recibe ás 17:00 (YouTube RC Deportivo) no campo Arsenio Iglesias ao CD Lealtad de Villaviciosa.

Os fabrilistas, co valioso empate da pasada fin de semana en Segovia, avantaxan xa en 2 puntos ao Oviedo Vetusta, que caeu en casa ante o Real Ávila CF.

Pola súa banda, os de Villaviciosa, con 24 puntos, son penúltimos na táboa. Iso si, Manuel Pablo lembra que o cadro asturiano "gañou á Segoviana e tamén ao Oviedo Vetusta. E nós non puidemos gañar alí".

O Fabril poderá contar con Samu, que sentou no banco de ABANCA-RIAZOR ante o Real Zaragoza. Non así con Bil, no once de Antonio Hidalgo.

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con rexistro de asistentes do campo Arsenio Iglesias.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web ticketing.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa IDE de socio e o pin. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición dos asentos nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en ticketing.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. 

O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Completan a xornada do domingo o partido do Xuvenil B en Pontevedra (campo Manolo Barreiro) ante o AJ Lérez (12:00 horas), o do Infantil en Vigo (A Madroa) ante o RC Celta (12:15) e o do Alevín no Dépor Training Center ante o Victoria CF (11:00) correspondente ao Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. 

O triunfo do Xuvenil A (na foto principal da noticia) no Dépor Training Center foi o choque da xornada do sábado.

Os branquiazuis impuxéronse por 4-2 á SD Compostela.

Foi baixa Mauro Valeiro, concentrado coa selección española sub-17 na Rolda 2 de clasificación do Campionato de Europa.

Con este resultado, os pupilos de Miguel Figueira suman 60 puntos á fronte da táboa, a expensas do que faga o RC Celta (2º con 57) este domingo 22 en Ferrol.

Repetiron partido alevíns e benxamíns: o Alevín A ante o UDJ Almeiras (0-12), o Fabril FC Alevín ante o Victoria CF (derrota por 3-2) e o Benxamín A en Carral (1-13).

Tamén os cadetes: o Dépor en Vigo ante o Coruxo FC (0-2) e o San Tirso SD Cadete no Monte fronte ao Arosa SC (2-2).

E o San Tirso SD Infantil, que gañou por 1-3 no campo Manolo Barreiro ante o AJ Lérez.

A semana transcorreu nun maratón de partidos en boa parte de categorías.

Así, este xoves 19, día festivo, competiron, e gañaron, 5 equipos.

O San Tirso SD Infantil venceu ao Pabellón Ourense CF (1-0), o Alevín A ao Sporting Meicende (18-0), o Fabril FC Alevín á SD Acea de Ama (5-0), o Benxamín A ao Silva SD (12-0) e o Fabril FC Benxamín ao Sada CF (8-0).

Este mércores 18 de marzo tiveron cita os dous equipos cadetes, que se enfrontaron en choque correspondente á 23ª xornada na División de Honra.

Os branquiazuis venceron por 2-1 nun rifado partido.

Ao concluír este encontro arrincou o Infantil - Ural Español CF da División de Honra tamén adiantada ao fin de semana.

Gañaron 8-0 os deportivistas nun partiodo de clara cor branquiazul.

A semana comezou co Alevín, que se impuxo este martes 17 de marzo ao Ural Español CF (1-2) en partido correspondente á 4ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 disputada na súa totalidade a pasada fin de semana.

Finalmente, o Fabril FC Benxamín compite esta fin de semana na Turia Cup en Valencia. 

Os fabrilistas disputan a Fase Final este domingo 22, co Getafe CF como primeiro rival ás 10:00.

Por este motivo, o seu partido de liga ante o Victoria CF correspondente á 25ª xornada na Primera Futgal A Coruña trasládase ao martes 24 de marzo ás 18:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma) na Coruña.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
28ª xornada: FABRIL - CD LEALTAD DE VILLAVICIOSA, o domingo 22 de marzo ás 17:00 no campo Arsenio Iglesias

Categoría xuvenil
División de Honra, 25ª xornada: XUVENIL A 4 (Lucas Regueiro, Daniel -2- e Lucas Castro) - SD COMPOSTELA 2

Liga Nacional, 27ª xornada: AJ LÉREZ - XUVENIL B, o domingo 22 de marzo ás 12:00 no campo Manolo Barreiro (Pontevedra)

Categoría cadete
División de Honra, 23ª xornada (mércores 18): CADETE 2 (Sergio Cortizo -2-) - SAN TIRSO SD CADETE 1 (Asier Valverde)

División de Honra, 24ª xornada: CORUXO FC 0 - CADETE 2 (Nico Naveiras e Nico Giovanni)

División de Honra, 24º xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Íker Obeso e Adrián Fernández) - AROSA SC 2

Categoría infantil
División de Honra, 23ª xornada (mércores 18): INFANTIL 8 (Santi Durán -5-, Jorge Méndez -2- e Aritz Fernández) - URAL ESPAÑOL CF 0
24ª xornada: RC CELTA - INFANTIL, o domingo 22 de marzo ás 12:15 na Madroa

División de Honra, 23ª xornada (mércores 18): SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Eliam) - PABELLÓN OURENSE CF 0
División de Honra, 24ª xornada: AJ LÉREZ 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 3 (Xoel Taín, Yago Fernández e Eliam)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 4ª xornada (martes 17): URAL ESPAÑOL CF 1 - ALEVÍN 2 (Mateo Songo'o e Enzo Fernández)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 5ª xornada: ALEVÍN - VICTORIA CF, o domingo 22 de marzo ás 11:00 no Dépor Training Center

Primera Futgal A Coruña, 24ª xornada (xoves 19): ALEVÍN A 18 (Alberto Novo -5-, Saúl Cancela -5-, Diego Castelo -3-, Andrés Valencia -2-, Mateo Songo'o -2- e Leo Lorenzo) - SPORTING MEICENDE 0
Primera Futgal A Coruña, 25ª xornada: UDJ ALMEIRAS 0 - ALEVÍN A 12 (Enzo Fernández -5-, Saúl Cancela -3-, Mateo Cardelle, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o)

Primera Futgal A Coruña, 24ª xornada (xoves 19): FABRIL FC ALEVÍN 5 (Manuel Parada -2-, Marco Dios, Nico Castro e Joel Losada) - SD ACEA DE AMA 0
Primera Futgal A Coruña, 25ª xornada: VICTORIA CF 3 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Manu Parada e Leo Galbán)

Categoría benxamín
Primera Futgal A Coruña, 24ª xornada (xoves 19): BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -3-, Nico Mariño -3-, Mateo Ramos -2-, Ian Lata, Hugo Cancela, Pablo Campanero e Leo Díaz) - SILVA SD 0
Primera Futgal A Coruña, 25ª xornada: UD CARRAL 1 - BENXAMÍN A 13 (Ian Lata -5-, Tomás Sánchez -4-, Hugo Cancela -3- e Pablo Campanero)

Primera Futgal A Coruña, 24ª xornada (xoves 19): FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Jaime Fraga -3-, Óscar Lijó, Juan Crujeiras, Tomás Lorenzo, Álex Martínez e Izan Mallón) - SADA CF 0
Primera Futgal A Coruña, 25ª xornada: VICTORIA CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o martes 24 de marzo ás 18:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)

Turia Cup Valencia 2026
Primera Fase
Venres 20 de marzo
CD CASTELLÓN 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Izan Mallón -2- e Álex Martínez -2-)
PAPOFUT 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Jaime Fraga, Álex Martínez e Anxo Fernández)

Sábado 21 de marzo
CLUB COSTA CITY 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Álex Martínez)
SP BENISSANÓ 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Álex Martínez -2-, Izan Mallón, Tomás Lorenzo e Juan Crujeiras)
RAYO VALLECANO 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Izan Mallón)
CD MAS CAMARENA 1 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Juan Crujeiras -2-, Izan Mallon e Álex Martínez)

Domingo 22 de marzo
Fase Final
10:00: FABRIL FC BENXAMÍN - GETAFE CF