RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor prepárase desde este martes 24 con 4 sesións para "competir sempre ao límite, indo con todo" no Estadio de El Molinón

O Dépor realizará desde este martes 24 de marzo 4 sesións de traballo previas ao partido deste sábado 28 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV) no Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini' ante o Sporting de Gijón.

O triunfo ante o Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR, cuxos mellores momentos podes ver no vídeo a pé destas liñas, e os resultados do resto da xornada deixaron a Os Nosos na 2ª posición de LaLiga Hypermotion con 55 puntos, os mesmos que o UD Almería (3º).

Con 11 xornadas por diante, o Dépor xa suma a día de hoxe 2 puntos máis que os realizados en toda a temporada 2024-25 (53 puntos).

Ademais, a capacidade de competir tamén se mide cando o partido se pon costa arriba. E nese aspecto, o conxunto de Antonio Hidalgo está a mostrar unha personalidade moi clara neste tramo. En 3 das últimas 4 xornadas terminaron con vitoria, e as 3 últimas chegaron após remontar o marcador.

Ese foi o caso dos encontros ante o Real Zaragoza (2-1), AD Ceuta FC (1-2) e Real Sociedad B (2-3).
 
Máis aló dos resultados, estes encontros reflicten unha característica cada vez máis evidente no equipo: cando o partido se complica, o Dépor non cae. Compite, insiste e atopa a forma de cambiar o guion.
 
Na rolda de prensa pospartido, o adestrador branquiazul lembrou que "isto é longo, todo está moi igualado. Hai que competir sempre ao límite, indo con todo. O grupo sente".

Para preparar o choque ante o Sporting están previstas 4 sesións de traballo matinais.

A última, a do venres 27 arrincará ás 12:00 en lugar da as 10:30 posto que ao concluír, o equipo partirá de viaxe a Gijón.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 24 de marzo
10:30 h.

Mércores 25 de marzo
10:30 h.

Xoves 26 de marzo
10:30 h.

Venres 27 de marzo
12:00

Sábado 28 de marzo
21:00: Sporting de Gijón - Deportivo, no Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini'