RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ximo Navarro cre que "chegamos ben a este tramo final"

Ximo Navarro pasouse este mércores 25 de marzo pola sala de prensa do Dépor Training Center.

O lateral deportivista non oculta que o obxectivo do equipo é "ascender. Cada vez vai quedando menos. Estamos nunha boa posición. Chegamos ben a este tramo final. Estou convencido que o imos a conseguir".

Con ampla experiencia no fútbol profesional, e despois de pasar por varios equipos, ve "un vestiario moi unido, con moi bo ambiente. Reflíctese que desde que comezou a liga estivemos en posicións moi boas, entre o ascenso directo e a zona de play off. Agora estamos en ascenso directo".

Cre que "estar toda a temporada aí fala moi ben do equipo. A temporada é moi boa. Chegamos nun bo momento a estes últimos meses e eu teño o convencemento de conseguilo".

Cualifica a visita ao Sporting de Gijón deste sábado 28 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion, TVG, GOL e Cayo TV) no Estadio de El Molinón - Enrique Castro 'Quini' como "un partido bonito. Son dous grandes clubs, dous históricos, un estadio moi bonito. Gústame. Hai moito tempo que non vou. A temporada pasada non puiden ir. Teño ganas de que chegue o sábado, de gozar dese campo, con #ANOSAFORZA que seguro que vai moita xente a estar connosco".

Ximo Navarro espera "moita xente. Faranse notar. Sempre o fan nos desprazamentos. Non é unha viaxe moi longa, xógase en sábado aínda que sexa ás 9 da noite. Vai ser un bonito partido e imos ir a darlle os 3 puntos".

Do conxunto asturiano advirte que "é un equipo forte no seu estadio, unha afección que empuxa. Veñen de perder esta fin de semana pero non vai ser un partido fácil. Ten moi bos xogadores na zona de ataque, xente con calidade. E vannos a pór as cousas moi difíciles. Temos que estar ao 100% tanto mental como fisicamente. Confío no meu equipo, en todos nós. E o noso obxectivo é ir a por os 3 puntos", reitera.

Finalmente a nivel persoal asegura que "aos poucos estou mellor. O outro día atopeime mellor que en Ceuta, que me custou un pouco máis porque eran 5 meses sen ser titular. Estou contento de ir participando cando o míster o crea oportuno, e feliz".