RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O partido do Dépor ante o Real Zaragoza, declarado "Día DÉ..." As Persoas con Síndrome de Down

O partido do Dépor deste sábado 21 de marzo ás 21:00 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) ante o Real Zaragoza foi declarado polo RC Deportivo como "O Día DÉ..." As Persoas con Síndrome de Down.

O corazón do deportivismo latexará en ABANCA-RIAZOR con máis forza que nunca nunha homenaxe chea de emoción, respecto e admiración cara a quen nos ensinan cada día o verdadeiro significado da alegría, a superación e o amor incondicional.

O fútbol é moito máis que un xogo. É unión, é comunidade, é sentir que todos formamos parte de algo especial. E este sábado ante o Real Zaragoza, máis que nunca, ABANCA-RIAZOR será un espazo de inclusión, onde cada sorriso contará, onde cada aplauso terá un significado aínda máis profundo.

Será unha noite en #ANOSACASA para lembrar que as diferenzas nos enriquecen e que xuntos somos máis fortes.

Por este motivo, a protagonista será a Fundación Amador de Castro, unha entidade que nace, entre outras causas, para crear oportunidades ás persoas con síndrome de Down.

En cada encontro en ABANCA-RIAZOR esta temporada tanto do Dépor como do Dépor ABANCA, máis da metade das localidades do Palco de Honra serán destinadas a un colectivo da cidadanía ou a un sector de #ANOSAFORZA, para facer a entidade máis próxima, dar protagonismo á masa social deportivista e agradecer o seu excepcional apoio unha temporada máis.