O salón de actos do CHUAC acolleu unha emocionante charla para mostrar aos alumnos da Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade da Coruña o proxecto 'Respira Dépor'.
Laura Mella, da RC Deportivo Fundación; e Seydiba Mendes, Guillermo Galán, Mileydis Díaz e Elkin Flórez do Departamento psicoeducativo do RC Deportivo encargáronse de explicar as ferramentas e experiencias que o Club aplica en ANOSACANTEIRA orientadas ao benestar.
O obxectivo do acto foi mostrar o deporte como ferramenta de saúde, benestar e educación en valores.
Tres foron os temas tratados:
-Contorna formativa no Dépor Training Center e traballo educativo que se realiza cos futbolistas de ANOSACANTEIRA.
-O proxecto de inclusión do Dépor Genuine.
-O proxecto psicoeducativo que se desenvolve na residencia cos canteiráns.
Participaron ademais Toño Ventura, Responsable de Adestramento do RC Deportivo; Javi Valencia, actual adestrador de porteiros do Xuvenil A e ex xogador das categorías inferiores; Rodrigo Leiva, porteiro do Xuvenil A que reside na residencia do club; e Juanpa Barros, ex xogador que estivo en ANOSACANTEIRA desde os 11 até os 19 anos.
Así, ao alumnado da materia Enfermaría Comunitaria de 2º curso, puido coñecer de primeira man experiencias persoais e profesionais vinculadas ao deporte e ao traballo educativo que se realiza no club.
