RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O Dépor convida a ANOSAFORZA a compartir as imaxes dos seus mellores recordos deportivistas para formar parte do Dépor Museo & Tour

O RC Deportivo lanza unha iniciativa que convida a #ANOSAFORZA a compartir os seus recordos e momentos máis especiais relacionados co Club para formar parte do Dépor Museo & Tour, recentemente inaugurado en ABANCA-RIAZOR.

Ao longo dos seus 120 anos de historia, o deportivismo mantivo vivo o legado do club en innumerables lugares: salóns de casa, bares, colexios ou pequenos espazos improvisados onde se gardan camisetas, fotografías, entradas ou recordos indelebles. En moitos fogares existe, dalgunha maneira, un pequeno museo deportivista cheo de historias persoais.

Con esta campaña, o Club quere que todos eses recordos tamén teñan o seu espazo no Dépor Museo & Tour, convertendo o museo nun lugar construído non só cos fitos do equipo, senón tamén coa memoria e a paixón da súa afección.

Os afeccionados que desexen participar deberán compartir unha fotografía do seu recordo ou do seu propio 'museo deportivista', acompañada da historia que hai detrás dese momento ou colección na seguinte ligazón

Entre todas as propostas recibidas, o club seleccionará as mellores historias e fotos, que pasarán a formar parte do percorrido do Dépor Museo & Tour. 

Os participantes cuxas historias resulten seleccionadas poderán gañar 2 entradas para visitar o Dépor Museo & Tour e gozar en primeira persoa deste espazo dedicado á historia do Club e o percorrido polos lugares que transitan os xogadores e xogadoras do Dépor.