Ismael Arilla, Director do Fútbol Formativo, e Kevin Cabado, responsable do Dépor ABANCA, representaron ao RC Deportivo no Foro 26, un congreso celebrado en Zaragoza que reuniu a unha ampla representación do fútbol español.
Por este motivo, Arilla non puido estar presente na semifinal da Copa del Rey xuvenil disputada o pasado xoves no Estadio Anxo Carro de Lugo.
Foro 26 foi escenario de debate, reflexión e consenso sobre distintas medidas para a mellora das competicións tanto en fútbol formativo como en fútbol feminino e fútbol sala.
Entre os acordos adoptados figuran por exemplo a creación dunha Liga Nacional cadete así como unha reestruturación da Primera e Segunda Federación femininas.
Todas as medidas aprobadas elevaranse para a súa posterior aprobación, se así procede, por parte dos órganos de goberno da Real Federación Española de Fútbol.